Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUBSTITÚE A ÁNGEL CURRÁS

A consellería de Cultura propón a Francisco Carracedo como novo xerente da Cidade da Cultura

O economista Francisco Carracedo será o novo xerente da Fundación Cidade da Cultura a proposta da consellaría de Cultura e Deportes en substitución de Ángel Currás. O nomeamento ratificarase nos próximos días e supón "o punto de partida para a redifinición do proxecto do Monte Gaiás", segundo o departamento que dirixe Ánxela Bugallo.

- 12:16 20/09/2005
Tags:

Francisco Carracedo, nado en Ferrol en 1956, é desde 1988 xefe de servizo na área de Contratación e Patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC, Carracedo sempre traballou nesta institución académica.

Foi durante moitos anos responsable da área de Persoal da USC e membro dos consellos de administración das empresas Unixest e Unidixital. É claustral e foi membro da Xunta de Goberno da Universidade, do seu Consello Social e formou das comisións de Financiamento, Administración e Servizos. Na actualidade é tamén concelleiro de Medio Ambiente no Concello de Ames.

  • Anteriores: A Cidade da Cultura, en fase de "redefinición"


  • 0/5 (0 votos)