Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A XUNTA DO PP XA ADXUDICOU OBRAS POR CASE O TRIPLE DO ORZAMENTO INICIAL

A Cidade da Cultura, en fase de "redefinición"

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, sinalou que o novo goberno "atopouse coa falta dun proxecto cultural claro" respecto da Cidade da Cultura, polo que "será preciso variar os seus obxectivos e os seus prazos". Na visita que realizaron ás obras do monte Gaiás, o presidente da Xunta e a conselleira de Cultura, acompañados polo arquitecto Peter Eisenman, coincidiron na necesidade de "redefinir o proxecto" tendo en conta a opinión dos axentes culturais. Bugallo anunciou que cesará ao actual xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ángel Currás, e precisou que a Xunta do PP adxudicou xa 374 millóns de euros nas obras, cando o orzamento incial era de pouco menos de 132 millóns de euros. Con todo, a conselleira lebro que só se levan executadas obras por valor de 70,8 millóns de euros. Touriño advertiu que a intención do goberno galego é "rendibilizar" ese proxecto herdado e redefinir a xestión "sen cuestionar a estas alturas a súa existencia".

  • Touriño aposta por continuar o proxecto revisando os seus contidos
  • Anteriores: Da "cidade de Fraga" ao "proxecto para a cultura galega"

  • - 11:41 20/09/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)