Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORTE INCREMENTO NOS ÚLTIMOS MESES

Máis de 3.800 millóns do orzamento comprometidos deica o 2009 polo anterior goberno

Un exceso de gasto amarrado para exercicios vindeiros, gastos sen contabilizar, alto nivel de endebedamento... Así explicou o conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, o lastre deixado polo executivo de Manuel Fraga para o bipartito. O conselleiro subliñou que deica este mes de xuño o anterior goberno duplicou estes gastos atados para a actual lexislatura, que na altura de mediados de 2004 xa superaban os 1.900 millóns de euros.

- 06:06 15/09/2005
Tags:

Xosé Ramón Fernández Antonio dixo agardar que esta situación non condicionase o cumprimento do programa de goberno acordado polo bipartito, malia recoñecer que con probabilidade si condicionarán a súa actuación. Ao respecto dese "significativo grao de compromiso orzamentario" deixado polo goberno Fraga.

O conselleiro explicou que en catro meses haberá un informe con detalle elaborado por expertos independentes no que colaborará a Intervención Xeral da Xunta. Ao tempo explicou que a débeda da Xunta acada os 3.265 millóns de euros e que se agarda que medre a curto prazo.

"A economía galega medrou nos últimos anos, pero cunha velocidade que non é abondo para compensar a perda de peso en relación á media do Estado", advertiu o conselleiro. Fernández Antonio opinou que os prognósticos económicos para Galiza permiten afrontar o futuro "con confianza e optimismo" malia destacar que "non con autocomplacencia".


0/5 (0 votos)