O ministro británico de Interior, Charles Clarke, pediu recentemente que a Eurocámara revise a Convención Europea de Dereitos Humanos. Segundo o executivo de Blair, as novas circunstancias internacionais e a "ameaza do terrorismo internacional" xustificarían unha reforma cara a un presunto "equilibrio entre a ameaza terrorista e a defensa dos dereitos individuais". É o último exemplo significativo das accións denunciadas polos colectivos defensores das liberdades civís e desta volta o único que parece frear a proposta británica, de momento, é a queixa da industria polo custo de controlar e reter os datos das telecomunicacións.
Anteriores: