Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O RELEVO DE MANUEL FRAGA

Baltar di non estar seguro de que Cuíña siga na carreira sucesoria

"Non estou seguro que Xosé Cuíña vaia presentarse. Supoño que agora os catro candidatos posíbeis están facendo reconto dos apoios cos que contan antes de anunciar a presentación da súa candidatura". Así o afirmou este martes o presidente do PP ourensán, Xosé Luís Baltar, quen malia todo, insistiu en que o seu voto e o do sector do partido que lidera vai co ex conselleiro de Lalín no momento en que decida presentarse ao relevo de Manuel Fraga.

- 08:28 07/09/2005
Tags:

Baltar lembrou que o seu apoio a Xosé Cuíña estivo sempre ben claro, ca cando o político de Lalín era secretario xeral do PPdeG, e garantiulle o aval do seu voto na carreira pola sucesión de Manuel Fraga e o liderado dos populares galegos.

Ao respecto das dúbidas que insinuou ter sobre a posibilidade de que finalmente Xosé Cuíña decida competir con Alberto Núñez Feijoo, Xosé Manuel Barreiro e Enrique López Veiga, comentou que "a ninguén lle gusta perder e os que optan teñen que estar seguros das forzas que os apoian".

O líder dos populares ourensáns recoñeceu que no PPdeG hai xa movementos para tratar de chegar ao congreso da sucesión cun candidato de consenso, aínda que remitiu á próxima xuntanza do comité de dirección do partido para ampliar ao respecto. Aínda así, lembrou que o presidente do partido, Mariano Rajoy, reiteroulle que a dirección madrileña non vai impoñer un candidato.

Ao respecto, La Voz de Galicia asegura este mércores que ese congreso sucesorio se celebrará entre o 14 e 15 de xeneiro do próximo ano.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: