Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA ENTRE A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN E OS REPRESENTANTES DO ENSINO PRIVADO

A consellaría de Educación mantén os concertos previstos co ensino privado para o vindeiro curso

A consellaría de Educación "non ten ningún problema" en que os concertos cos centros de ensino privados "se executen tal e como estaban para o curso 2005/06". Así o declarou a conselleira, Laura Sánchez Piñón, despois de entrevistarse este luns cos representantes das organizacións empresariais do ensino privado galego, entre eles, José Luis Baños, de Educación e Xestión; Xosé Antonio Moar, de CECE Galicia e Olga Moedo, de UCETAG-ACES. Sánchez Piñón garantiulles que o curso comezará con "total normalidade" nos centros concertados.

- 17:09 05/09/2005
Tags:

Despois de que o consello da Xunta fixera públicos os cartos comprometidos polo anterior goberno da Xunta para os próximos catro anos, a conselleira de Educación manifestou que que o seu departamento vai "estudar conxuntamente distintos aspectos que poidan optimizar os recursos" nos vindeiros cursos.

Segundo recoñece a propia consellaría, no tocante ao curso 2005/06, o investimento comprometido pola Administración educativa no referido á ensinanza privada concertada ascende aos 200 millóns de euros. Canto ao número de unidades concertadas, o equipo da Consellería de Educación indicou que, para o curso 2005/06, haberá en Educación Infantil un total de 615 aulas, o que supón un incremento de 137 con respecto ao curso anterior, isto é, un 28,9 %. Ademais, en Educación Primaria, ESO, Educación Especial e FP o número total de unidades ascende a 3.026.

  • Anteriores: O futuro do ensino concertado a debate: redución, racionalización, eficacia


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: