Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CAMBIO CLIMÁTICO FAVORECE AS CATÁSTROFES NATURAIS

Agoiran un 29% menos de choiva para os veráns galegos deste século

"Os fenómenos climáticos estremos que están acontecendo na península Ibérica e nos Aples teñen que ver cos escenarios que os climatólogos prognostican para unha Europa que irá quecendo cada vez máis". Así o explica o último documento publicado por WWF/Adena, con datos que agoiran que a seca zoupará máis a cada ano que pase durante os próximos cen anos.

- 12:09 02/09/2005
Tags:

Fenómenos extremos, tanto as secas coma os asolagamentos, deixarán de ser excepción para convertérense en norma a medida que avance o século e os efectos do cambio climático se vaian notando máis a cada paso. Ao fío da vaga de incendios deste verán, desde o colectivo WWF/Adena advirten que se ben a maioría son provocados pola acción directa de incendiarios, "a voracidade do lume e a predisposición a transformárense en grandes incendios case imposíbeis de extinguir é propiciada polas elevadas temperaturas e a falta de precipitacións".

Heikki Willstedt, experto en cambio climático da asociación subliña ademais que alén do problema ecolóxico o planeta afronta "danos irreparábeis" na súa economía e que os gobernos deberan consensuar plans urxentes diante desta situación. Ao respecto, destaca que a revisión este ano da diretiva europea de Comercio de Emisións será unha excelente oportunidade de "impoñerlle maiores reduccións aos sectores que teñen unha maior responsabilidade e capacidade de loitar contra o cambio climático".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: