Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUTOMOBILISMO

O Rali de Ferrol despútase esta fin de semana

Esta fin de semana despútase o Rali de Ferrol, unha das tres probas de máxima categoría que se desenvolven en Galiza dentro do automobilismo de asfalto. Nesta edición de 2005 a proba volve integrar o campionato estatal, e contará con 66 competidores. O máximo favorito será o asturiano Alberto Hevia e o galego con máis posibilidades Serxio Vallejo.

- 13:02 01/09/2005
Tags:

O líder da clasificación do campionato estatal é o Clío Super 1600 co asturiano Alberto Hevia de piloto, gañador tamén no rali de Ourense. Será el tamén o gran favorito da 36ª edición deste Rali de Ferrol. Tamén lle desputarán o liderado o cántabro Daniel Sordo (C2 1600) e o alacantino Miguel Fuster (tamén con Clío). O primeiro galego clasificado nos campionatos estatais é Serxio Vallejo (Fiat Punto S1600), se ben o título xa non está ao alcance dos seus pneumáticos.

A proba disporá 154,89 kilómetros de velocidade sobre un percorrido total de 446,65 km divididos en seis treitos cronometrados. As probas especiais serán as de Doroña-Vilarmaior (11,75 kms), Monfero-O Xestal (19,03 kms), A Viña-As Travesas (9,25 kms), Ferrol-Ferrol (7,23 kms), Naraío-San Sadurniño (11,71 kms) e Ferreira-Somozas (23,10 kms). Inscribíronse en total 66 pilotos.


Documentos

0/5 (0 votos)