"É preocupante que isto se diga a un día do comezo do curso, coa inestabilidade e a preocupación que crea en traballadores do ensino e nais e pais", advirte Xosé Antonio Moar dende a Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado ao fío do anuncio dende o executivo sobre a revisión dos concertos "centro por centro". "Os concertos deben desaparecer no ensino non obrigatorio", subliña Anxo Louzao dende a CIG-Ensino, insistindo en que "o privado debe suplir exclusivamente aló onde o público non chega, e non á inversa".