Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O EX-PRESIDENTE DA XUNTA DESPÍDESE DOS MILITANTES DO PP

Fraga admite que desta volta é verdade que nunca volverá ser candidato

Fraga aproveitou o mitin do PP celebrado este luns nun pazo de Ribadumia para despedirse da militancia do seu partido e asegurar que non ten intención de volver presentarse como candidato para sucederse a si mesmo. A pesar de que Fraga Iribarne xa realizara declaracións semellantes desde hai cando menos 10 anos, o propio ex-presidente da Xunta recoñeceu que "o malo é que agora é de verdade: nunca volverei ser candidato". Fraga evitou pronunciarse en público sobre as súas preferencias en relación coas posíbeis candidaturas que se presentarán no congreso que elixirá ao seu sucesor en decembro deste ano ou en xaneiro do vindeiro: "Non son nin de boinas nin de birretes, aínda que me comprometo a apoialas todas".

  • Anteriores: Feijoo e Barreiro aceptan un Congreso aberto con varios aspirantes á sucesión

  • - 16:31 29/08/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)