Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRESENTADO NO CONSELLO DA XUNTA

O primeiro diagnóstico de Economía advirte do endebedamento provocado polo executivo anterior

Galiza é unha das tres comunidades autónomas máis endebedadas do Estado e lembrámoslles que no seu último ano no goberno o executivo de Manuel Fraga establecera un endebedamento de 129 millóns de euros para as contas de 2005. Segundo o informe presentado este xoves polo conselleiro de Economía e Facenda, Xosé Ramón Fernández Antonio, "o anterior Goberno Galego adquiriu un elevado grao de compromisos orzamentarios para os vindeiros exercicios" deica o ano 2009. O conselleiro destacou o défice sanitario acumulado de 320 millóns de euros durante o 2004.

- 12:31 25/08/2005
Tags:


0/5 (0 votos)