Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
17 FALECIDOS AO DERRUBARSE UN HELICÓPTERO

Gaña forza a hipótese do ataque coma causa da morte dos soldados galegos

Un presunto líder talibán, identificado coma o mulá Dadulá, comunicou este martes en informacións ás que a axencia Reuters lle atribúe credibilidade, que o helicóptero que se esnafrou en Afganistán foi derrubado por un grupo talibán. Lembrámoslles que o pasado mes de xuño, dezaseis soldados estadounidenses morrían nun suceso similar, logo da caída dun helicóptero que se probou foi derrubado por forzas talibáns. Ao tempo, contámoslles que o xornal La Voz de Galicia cita este mércores fontes da familia dos falecidos que asegurarían que o piloto do segundo aparato lles informou que o helicóptero onde ían os falecidos "recibiu fogo desde terra, foron atacados". O ministerio de Defensa e a OTAN manteñen o accidente coma explicación oficial.

  • Anterior: Dez soldados galegos falecidos ao leste de Afganistán
  • A Xunta decreta tres días de loito oficial
  • O BNG pide a retirada das tropas españolas de Afganistán
  • Por onde cae Afganistán?
  • Ás portas da invasión do país, Xulio Ríos escribía para Vieiros "Afganistán e os intereses en xogo"
  • Máis na web do Igadi
  • Prensa da rexión: Afghan News e Al Iasira

  • - 06:15 17/08/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)