Tanto o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, coma o vicepresidente e responsábel de relacións institucionais, Anxo Quintana, expresáronlles a súa dó e solidariedade ás familias e amigos dos militares falecidos en Afganistán. Touriño e Quintana están a facer un seguimento permanente da traxedia, e o presidente trasladouse á base pontevedresa de Figueirido para apoiar as familias alí reunidas. O comunicado da Xunta, que sinala tres días de loito oficial, ofrécelles apoio aos familiares, que "contan coa colaboración da Xunta para atender todas as súas necesidades".