O BNG reclamoulle hoxe ao goberno español que retire "todas as tropas españolas" destinadas en Afganistán. O Bloque xa se amosara contrario ao despregamento en territorio afgán cando a votación no Congreso. Para os nacionalistas, a presenza de tropas da OTAN neste país centroasiático "non responde a unha verdadeira política internacional consensuada para estender a paz e a liberdade en todos os países". Ademais, tanto o BNG coma Izquierda Unida e o Partido Popular solicitaron a comparecencia do ministro de Defensa, José Bono, na Diputación Permanente do Congreso para explicar as actuacións do goberno español en relación coa presenza das tropas españolas en Afganistán e as "circunstancias" da morte de 17 militares, entre eles dez galegos. O Bloque expresou ademais a súa dó polo tráxico suceso e transmitiulles o seu "apoio e solidariedade" aos familiares e amigos dos militares fallecidos.