Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTREVISTA NO CHAT DE VIEIROS

Lamatumbá: "Gústanos chamarlle verbena"

"É unha verbena moderna, que fai mover os pés e remover as ideas. Onde hai moita comunicación, moita enerxía. Unha verbena de hoxe en día". Velaí unha definición do son Lamatumbá coa que nos agasallan os membros do grupo. Coa formación máis de actualidade ca nunca cunha apretada axenda de concertos este verán por toda Galiza, velaquí vos ofrecemos a entrevista virtual que Ico e Ninho, voz e guitarra respectivamente, mantiveron hai xa unhas semanas sobre as súas últimas cancións de amores e conciencias cos usuarios convidados ao chat de Vieiros. De paso, outro agasallo do grupo, o mp3 do reggae dos mariñeiros.

- 06:21 17/08/2005
Tags:

Vieiros: que tal os concertos de presentación do novo disco?
Ico: pois resultaron de marabilla, moita xente, moita festa e moita enerxia
ninho: sudamos moitísimo...
Ico: a xente coñecia moitos temas, cantaba, bailaba, fervia, quedou xente fora na Coruña. Foron concertos moi sentidos, moi emocionantes.

Melmac: Sendo de Ourense, cando dicides que este é un disco que "arrecende a mares tropicais" referídesvos a Vigo, non?
Ninho: uffff... ben lonxe... a ría tamén está con nós... pero ímonos moi lonxe ... para voltar ata aquí... tamén a vigo, claro... Do trópico á ría...en movemento...

Yimou: graváchedes fóra de Galicia, como foi esa experiencia?
Ico: Foi unha experiancia moi gratificante
ninho: Incribel e moi emocionante, cheos de vacas, soiños e con moito que dicer... un mes fora de outras preocupacións... Foron dias moi intensos de traballo, de aprendizaxe e de moler a cabeza con ideas para meter no disco

pacochet: Como foi que déstedes con Kaki Arkarazo para a producción deste disco?
Ico: Foron dias de moito traballo, as veces duro e outras de moita fresta, pero sempre dunha maneira constructiva, tanto pola parte de kaki como pola nosa.

Mexicosam: As barbas que levades é para conseguir un patrocinador bo tipo gillette?
Ninho:...

arroas: credes que se podería fomentar a creación dunha rede de locais para que os grupos galegos puidesen tocar de forma regular?
Ico: iso e unha cousa necesaria en cada provincia. Unha rede de locais que manteñan a comunicacion entre eles e que haxa un circuito de concertos entre grupos para fomentar a saída dos novos grupos que coma nos estamos comezando.

Mexicosam: algún país que teñades en mente aparte de Portugal?
Ninho: México

[Avalancha de preguntas: Intentades saír... ¿Escapades dos fans galegos? ¿sodes xa demasiado famosos ? Bícanvos pola rúa?
Ico: uhhh, non levades a orde...

Sicue: Cales son as principais dificultades que atopades para a promoción dentro de Galicia?
Ninho: É difícil intentar ter unha promoción axeitada porque hai moitos grupos e poucas canles...

kinluki: "13 cancións de amores e conciencia", cales son as de conciencia?
Ninho: As primeiras son evidentemente de conciencia. Son as que narran os problemas, as propostas, os soños, as denuncias...
Ico: Moitas delas son reversíbeis, serven tanto para o amor como para a conciencia. E desa maneira podes coller conciencia de a quen queres

Mexicosam: Pensastes algunha vez en facer versión das vosas cancións en español para alcanzar outro tipo de publico como fixo por exemplo Albert Pla?
Ninho: non se renuncia ao español, nin a outros idiomas, ainda que o principal sexa o galego...

pacochet: na mesma liña do que di mexicosam: e esa rarice de cantar en galego, que pasa, que non queredes vivir disto?
ninho: Se o modo de expresón natural vén dado pola visión dende as raíces galegas, o normal é que a meirande parte dos temas sexan en galego...

Yimou: Que hai de novo neste "Lume" de Lamatumbá comparándoo coas gravacións anteriores? Que muda e que permanece?
Ico: esta ultima grabacion foi feita dun xeito entendendoa coma se fose o noso primeiro cd. Quixemos darlle sentido a todo o que faciamos, letras, arranxos, orde das cancions... debuxos, deseño grafico... Hai moitas cancions novas, e outras que son vellas pero aparecen renovadas, dende unha nova visión. A visión e o tempo que pasou por nos

arroas: Que pensades da programación da TVG para promocionar artistas galegos?
Ninho: non é suficiente en ningún caso.

Melmac: Estivéstedes xa no Luar ou aínda sodes virxes?
Ico: vaia pregunta, que levante a man quen non pasou por Luar.

baltar: xa topástedes o disco no top manta da rúa do Paseo?
Ico: eu levo moito tempo sen pasear por ourense
ninho: bufff, tampouco ando eu moito polo paseo

Yimou: Como vos afecta o tema da piratería? Cal é a vosa opinión sobre o tema?
Ico: gran pregunta, meu. A info que nos dan esta chea de mentiras. A nós polo de agora non nos afecta, entendendo pirateria como o lucro vendendo copias de cd. A pirateria non é só baixarse temas a traves da rede, nós estariamos ben contentos de coñecer a xente que a faga cos nosos temas. Iso demostraria interese polos temas. Ou facendo copias para os amigos, canta mais xente nos escoite moito millor... Todo o que di a SGAE son mentiras ou verdades sesgadas

Vieiros a que mentiras te refires?
Ico: todo iso de que a música esta a morrer por baixarse cancions da rede. Iiso non lle pode vir mal a ninguén, ademais de non ser ilegal como nos queren mostrar eles. Iso non pode ser considerado pirateria, non o é, e eles estan intentando que asi o entendamos.

Mexicosam: a forza da música en español nos paises latonamericanos e un feito indubidábel. Se fixerades unha xira por latinoamérica que prefeririades: ser fieis o voso compromiso coa lingua e a cultura en galego ou que a mensaxe das vosas cancións chegue o publico mais facilmente a través do español?
Ico: Nós seguiriamos coa nosa lingua

lavapiex: Ico e arde o monte todo, licor café e venden veneno con ese nome, para cando "baltaar baltaar tarirarí tarirará", ou algo así?
Ico: A mensaxe non só vai nas letras, a itencion vai metida nos temas, nas musicas, na forza...

arroas: Sabedes dalgún fenómeno semellante ao voso en catalunya ou euskadi?
Ico: que queres dicir con semellante? que queres dicir tamen con fenómeno?

arroas: grupo do voso estilo singular...
ninho: Alí son os sitios onde verdaderamente hai intencions do noso estilo. Moitos grupos de fusión, pero cada un dende a súa visión...Están guapísimos os Radio Raheem, de Barna
Ico: Quizais ali todo o circuito de grupos está máis aberto e funciona mellor creo.
Ninho: teñen moito máis apoio dende logo.

Arroas: sabedes se reciben axudas?
Ninho: si, para os locais de ensaio...
Ico: Máis salas profesionais, máis publico acostumado a ir a concertos todo o ano...

Gromenau: Licor do negro café... que me tumbas que me matas... fasme andar a catro patas... de que canfurnada saiu este tema?
Ico: Non temos claro se os temas os sacamos nos ou son eles por vontade propia os que se lanzan a atoparte. Ese en concreto foi unha noite, de borracheira, e o tema viu, saiu diante miña coma quen atopa a un amigo. Tamén ten moita culpa un libro de Galeano, onde hai uns versos populares colombianos ou mexicanos que din "licor de las verdes matas que me tumbas que me matas...". Creo que son populares colombianos, non lembro agora en que libro saen.

arroas: como é o proceso de creación? abonda a inspiración ou hai moito traballo detrás da frescura dos vosos temas?
Ninho: o que hai é moito poñer en común e moito falar e discutir camiños distintos por onde levar os temas
Ico: hai moita inspiracion, xa che digo que estou convencido de que son os propios temas os que nos buscan a nó e non ao revés. Unha noite apareceche unha idea na cabeza que logo transformas nun retrouso ou así...

melmac: Algunha "pachangüilanuí" destacábel nestes anos polos escenarios?
Ico: que?
Ninho: o qué??

miro: París, Colombia, onde vai caer "a puta bomba"?
Ico: iso non o sabemos, pero pode ser en calquer sitio tal e coma estan as cousas actualmente
Ninho: carallo meu, non paran de caer bombas... A guerra está presente por todas partes...
Ico: as bombas non deixan de caer e ninguen esta seguro tendo o Sr Bush aí onde esta

melmac: Tanta xente xunta nun escenario... remexédesvos ben? Así non tocades a pouco á hora de repartir o caché?
Ninho: boa reflexión .Remexémosnos con toda a xente entre suores... jeje.
Ico: Gústanos estar moi xuntos ainda que un escenario grande tamne se agradece. O caché sempre dá para pouco.

Miro: Dáballe calambre o acordeón ao vocalista e por eso lle deu paso a unha acordeonista ou había problema no de cantar e tocar ao tempo?
Ico: non me daba calambre ningun o cambio efectuouse por pura efectividade. Ela sabe tocar o acordeon e eu non.

ZP: Algunha tasca recomendábel para visitar por terras ourensás? Algunha non recomendábel?
Ninho: o bar do samuel pa tomar o pincho de carne
Ico: na praza maior o Trampitán, logo subimos cara o faiscas, na Rua Liberdade tamen hai un bo garito.

Gromenau: A falta de etiquetas para clasificar a vosa música, poñemoslle "son lamatumbá", outra proposta?
Ninho: esa é boa, a min gústame...
Ico: a nós gustanos chamalo verbena, unha verbena moderna, que fai mover os pés e remover as ideas. Onde hai moita comunicacion, moita enerxia. Unha verbena de hoxe en día.

Mexicosam: e que tal coas fans? e verdade o do sex appeal dos artistas ou non vos comedes un rosco?
ninho: bufff, tema delicado ese
Ico: non nos comemos nada, temos que ser sinceros

kinluki: a ver, non sendo vós, un grupo galego para seguir e por que? Algún dese rock ourensán pouco coñecido?
Ico: Moitos, de Ourense saen moitos cada ano, rock ourensán hai a saco dende logo: "Graciasanada",...
ninho: Supermirafiori
Ico: o outro dia escoitei a unha banda mítica. Non son de ourense pero vale para seguir: Viñalar Fantastic Band. Apunta o nome son moi divertidos e xeniais

baltar: e non lle faríades un sitio a un presidente de deputación con dotes para tocar o trombón e outros instrumentos?
Ninho: tocas ben as pelotas...
Ico: Sr. Baltar se o Cuco levantara a cabeza

Vieiros: Ben, pasa das 20h, pechamos entón esta conversa virtual. Moitas grazas a Lamatumbá e a os internautas que se achegaron.
ninho: vale, gracias a todos. Ciaociao.
Ico: veña, ata a próxima. Foi todo un lio, digo un placer


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: