Entre directores e secretarios xerais serán cinco cargos menos, respecto aos 70 que nomearán os populares, os que accedan aos respectivos departamentos que conforman a nova estrutura do executivo galego. Os vintecinco primeiros nomes coñecéronse oficialmente este mesmo xoves. Logo do Consello da Xunta, o conselleiro de Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, avanzou tamén que o conselleiro de Economía presentará na xuntanza do próximo 25 de agosto un primeiro esquema dos orzamentos para o 2006.