Recibida con cautela dende os sindicatos a probábel volta ao escenario político galego do que xa fora director xeral de Relacións Laborais co PP está entre as principais novidades da nova estrutura da Xunta, que se vén confirmando estes días. Ramón Lueje, saído da área urbanística do concello compostelán, para a dirección xeral de urbanismo, ou o concelleiro pontevedrés Luis Bará, para a dirección xeral de Promoción Cultural, son outros nomeamentos que o consello da Xunta deste xoves podería confirmar.
Nos departamentos do PSdeG estarían confirmados Fernando Salgado, en Comunicación; Manuel Guillermo Varela e Francisco Carballal, en Presidencia; Ramón Lueje, en Política Territorial; Benito Fernández Rodríguez, en Educación, e José Vázquez Portomeñe, en Traballo.
Polo que respecta ás áreas dependentes do BNG, pasarían a ocupar responsabilidades Antón Losada, en Relacións Institucionais; Luis Bará, en Cultura; Daniel Pino, para o Instituto da Vivenda e Solo; Santiago Domínguez Olveira, en Deportes; Carme Adán, en Igualdade; Antonio Fernández Oca, Alberte Souto e Edelmiro López Iglesias, en Medio Rural.