Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DOS ATAQUES EN LONDRES

O goberno Blair cavila tribunais "secretos" para xulgar a presuntos terroristas

Logo do asasinato preventivo dun electricista confundido con terrorista ou o debate polos proxectos de control das comunicacións dos cidadáns, o executivo británico teima con novas iniciativas polémicas aproveitando o estado de opinión posterior ás bombas no metro londinense. O plan revelado este martes por The Guardian vai nunha liña parecida ao proxecto de detención indefinida e sen cargos que anulou a Cámara dos Lores.

- 06:52 10/08/2005
Tags:

"A verdadeira ameaza non é o terrorismo, senón leis coma esta". Un dos integrantes do máximo órgano xudicial inglés pronunciábase así a finais de 2004 en referencia á lei que o goberno Blair introducira tres anos antes, despois dos atentados do 11S nos EEUU, subliñando que se trataba dunha iniciativa que batía contra o Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

Lembrámoslles que aquela norma autorizáballe ás autoridades británicas a deter de xeito indefinido e sen xuízo a calquera extranxeiro sospeitoso de terrorismo. Colectivos defensores das liberdades civís loitaron durante meses contra un exceso que exemplificaba perfectamente as polémicas medidas aplicadas en momentos en que a loita antiterrorista monopoliza todos os discursos.

O goberno Blair estuda agora avanzar en medidas moi semellantes, e vén de saberse dete proxecto de creación de tribunais especiais para casos de terrorismo. Segundo The Guardian a posibilidade chega logo das queixas da policía británica sobre o tempo do que dispón para atopar evidencias contra os detidos: actualmente dispoñen de dúas semanas para interrogar e deseñar a acusación formal contra un sospeitoso de terrorismo, logo de detelo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: