Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUINTANA PROPÓN UNHA ESTRATEXIA BASEADA NA PREVENCIÓN

"Outra política forestal", na base do proxecto contra os lumes do novo goberno

"Hai que renovar o pacto contra o lume e en defensa dos montes galegos". O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, referiuse ao problema dos incendios durante a entrevista concedida a RNE. Lembrámoslles de paso que máis dunha ducia de incendios permanecían activos en Galiza a última hora do domingo, na mesma fin de semana onde morreu o piloto do hidroavión accidentado cando participaba en labores de extinción.

- 06:22 08/08/2005
Tags:

O impulso de novas políticas forestais é segundo Quintana a clave para a diminución dos incendios nos montes do noso país. Quintana, que acudiu ao tanatorio de Láncara para visitar á familia do piloto falecido ao esnafrarse co seu avión no consello de Monterrei, onde participaba nas tarefas de extinción dun lume na zona de Medeiros, anunciou o compromiso do novo goberno de planificar unha nova estratexia contra o lume. Lémbramoslles que as competencias neste apartado estarán na consellaría de Medio Rural, co ex deputado do BNG Alfredo Suárez Canal á súa fronte.

Quintana falou para os micrófonos de RNE da necesidade de reutilización das superficies agrarias e gandeiras coma vía para o control dos lumes, de cara a evitar os terreos abandonados que poderían estar favorecendo a aparición de incendios. Na súa opinión, unha política que consiga "darlle valor ás terras" será un "eficaz mecanismo na loita contra o lume". No mesmo sentido, e nos micrófonos da Cadena Ser, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, pedía este domingo un cambio decisivo nas políticas forestais galegas que na súa opinión necesariamente debe pasar pola "implicación do labrego no labor de prevención".


Ligazóns

0/5 (0 votos)