Naceu en Vigo o 1 de Agosto de 1966. Está casada e é nai de tres fillos. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo, é Doctora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, dende maio de 2002. Realizou un Máster en Economía do Transporte pola Universidade Carlos III de Madrid (1991-1993).
É profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo na Facultade de CC Económicas e Empresariais de Vigo e, na actualidade, na Facultade de Empresariais e Turismo de Ourense impartindo docencia nas asignaturas de Economía española e mundial e desenvolvemento local e rexional.
Experta en Transportes. Baseou a súa tese doctoral na Intermodalidade e demanda de transporte. Aplicación ó novo acceso ferroviario Galicia-Madrid e a súa tesina "COMPARATIVE STUDY OF RENFE's PERFORMANCE" (1993) foi realizada baixo a dirección do catedrático C.A. Nash e o douctor J.P. Preston do INSTITUTE FOR TRANSPORT STUDIES na Universidade de Leeds (Reino Unido).
É autora de numerosos estudios e publicacións sobre transportes.