Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CURRÍCULO

A arquitecta Teresa Táboas é nova conselleira de Vivenda e Solo

Filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz, naceu na Cidade de México no ano 1961.

- 18:40 30/07/2005
Tags:

Desde o 15 de Maio de 2003, é decana presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, sendo a primeira muller en acceder a ese cargo.
Doutora Arquitecta coa Tese Doutoural dirixida polo arquitecto César Portela Fernández Jardón, titulada " El Color en Arquitectura " na que obtivo a cualificación de Sobresaínte "Cum Laude"

Colaborou durante 6 anos no Estudio do Arquitecto Cesar Portela Fernàndez-Jardòn ( Premio Nacional de Arquitectura).

Traballou dous anos no Concello de Marín como arquitecto municipal.

Funda no ano 1990 o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, desde o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.
É conselleira titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos do Estado español, sendo a segunda muller que accede a este cargo desde que no ano 1931 se funda tan prestixiosa institución.
É membro da Comisión de Vivenda do Consello Superior de Arquitectos do Estado español.

Foi nomeada polo Consello Superior de Arquitectos do Estado español no ano 2.003, ante o Consello de Arquitectos de Europa con sede en Bruselas, membro das seguintes comisions:

Taskforce for Urban Issues

Taskforce for Enviorment and Sustenaible Architecture


0/5 (0 votos)