Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN NOVO GOBERNO EN SAN CAETANO

As consellarías xa teñen nomes

A decana do colexio de arquitectos Tareixa Táboas e a profesora de Economía María Xosé Caride son as dúas maiores sorpresas dun executivo do que os principais nomes xa se coñecían. Como prometeran, Touriño e Quintana escolleron 6 homes e 6 mulleres, sacados a partes iguais do mundo universitario e da política.

- 02:02 31/07/2005
Tags:

Presidencia: Xosé Luís Méndez Romeu. Pedagogo. Foi Secretario de Estado de Cooperación Territorial co primeiro goberno de Rodríguez Zapatero. Foi concelleiro na Coruña desde 1987 ata 2003 e teniente de alcalde entre 2003 e 2004.

Política Territorial: María Xosé Caride Estévez. Economista, profesora na Universidade de Vigo. Economista. É experta en políticas de transporte.

Cultura: Ánxela Bugallo Rodríguez. Doutora en Bioloxía e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Concelleira no municipio de Teo desde 1999. É adxunta á Portavocía Nacional e membro da Executiva Nacional do BNG.

Economía: Xosé Ramón Fernández Antonio. Economista. Tivo responsabilidades no Ministerio de Transporte sendo ministro Abel Caballero. Responsable do Gabinete da Presidencia de Auna.

Medio Rural: Alfredo Suárez Canal. Profesor de Matemáticas en excedencia. Membro do Consello Nacional do BNG. Foi deputado desde 1993 a 2005, período no que exerceu de coordinador e vicevoceiro parlamentario do grupo parlamentario nacionalista.

Industria, Comercio e Turismo: Fernando Blanco Álvarez. Supervisor de loxística en Telefónica. Foi voceiro do BNG na Deputación Provincial de Lugo (1995-2005) e voceiro do BNG no concello lucense.

Educación: Laura Sánchez Piñón. Doutora en Bioloxía e Catedrática de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela, na que foi adxunta ao vicerreitorado de Lugo durante o mandato de Dario Villanueva.

Pesca: Carme Gallego Calvar. Conselleira de Pesca. Técnica administrativa comercial, xestora de economía social. Profesionalmente vencellada ao sector da pesca. Membro da Executiva do PSdeG. Secretaria Executiva na dirección federal do PSOE desde 2004.

Traballo: Ricardo Varela Sánchez. Diplomado en Relacións Laborais. Foi secretario nacional da Executiva da UGT-Galicia. Desde 2004 é secretario de Organización do PSdeG.

Medio Ambiente: Xosé Manuel 'Pachi' Vázquez. Médico. Foi alcalde do Carballiño e deputado provincial (1995 e 2005). É secretario provincial de Ourense e membro da Executiva do PSdeG-PSOE.

Sanidade: María Xosé Rubio Vidal. Conselleira de Sanidade. Licenciada en Medicina. Inspectora médica. Xefa da Unidade de Concertos da Dirección Provincial do SERGAS da Coruña.

Vivenda: Tareixa Táboas Veleiro. Decana do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia desde 2003. Foi arquitecta municipal do concello de Marín.

Dos conselleiros son deputados os nacionalistas Fernando Blanco e Ánxela Bugallo, e dos socialistas Ricardo Varela, Xosé Luís Méndez Romeu, e Pachi Vázquez. Dende ambos os dous partidos indicárase a conveniencia de que os deputados demitisen dos seus escanos para non condicionar as votacións cos seus traballos, así que moi probabelmente entrarán na cámara galega Ana Luísa Bouza e Manuel Parga polo BNG, e María Xesús Vázquez, Miguel Anxo Fernández e Áurea Soto, polo PSdeG.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: