Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SESIÓN DE INVESTIDURA

Un programa de goberno compartido

Quintana sinalou que o programa do próximo goberno "non é o do BNG, pero é un proxecto de goberno compartido". O presidente do grupo parlamentario do BNG asegurou que a súa formación política "cre no país", "un país cheo de recursos e posibilidades, unha nación que ten todos os requisitos" para o seu propio desenvolvemento". Neste sentido, subliñou que o obxectivo do novo goberno é "arrincar da cidadanía galega calquera residuo de complexo de inferioridade".

- 11:16 29/07/2005
Tags:

Dereito a vivir e traballar na propia terra
Quintana cifrou como a primeira prioridade do novo tempo político a defensa do dereito a vivir e traballar na propia terra. Así, lembrou que de cada 10 parados galegos, 7 son xoves e cualificados, que temos unha das maiores taxas de paro e precarización entre as mulleres e que segue existindo unha emigración forzosa de xente nova.

Neste ámbito, Quintana propuxo un "novo compromiso co emprego" que rematase coas políticas da Xunta de Fraga, que foron, para o portavoz nacionalista, un "veleno paralizante" para os emprendedores e a creación de emprego. Quintana defendeu unha política que "gaste e invista" nos emprendedores e nas ideas, e que poña en valor a "competividade e a innovación fronte o clientelismo e a dependencia". Tamén propuxo un pacto pola industralización "que poña freo ao continuo deterioramento do noso sistema produtivo".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: