O presidente do grupo parlamentario do BNG, Anxo Quintana, salientou que a idea central do novo goberno é que "cre no país" e que ten como obxectivo "arrincar da cidadanía galega calquera residuo de complexo de inferioridade". "Somos unha nación con todos os recursos para sair adiante, Galiza pode deseñar o seu futuro por si mesma", engadiu. Quintana sinalou que o programa do novo goberno, que ten como prioridade a creación de emprego, "non é o do BNG, pero é o dun proxecto de goberno compartido".