Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUEIXAS DENDE O PP

PSdeG e BNG reparten as presidencias das comisións parlamentarias

Os novos deputados votaron este xoves a constitución das comisións e da deputación permanente no Parlamento de Galiza para os vindeiros catro anos. O reparto das presidencias das comisións, deixa oito delas lideradas por deputados socialistas, catro por nacionalistas, e coma o PP veu facendo en anteriores lexislaturas, PSdeG e BNG déixanlle agora á oposición dos populares a presidencia da comisión de Economía, que exercerá o conselleiro saínte Xosé Antón Orza.

- 06:54 29/07/2005
Tags:

O reparto das presidencias queda como segue:
-Comisión de Administración Xeral, Xustiza e Interior: Xosé Tomé Roque (PSdeG)
-Comisión de Ordenamento Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente: Luis Toxo (PSdeG)
-Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego: Francisco Cerviño (PSdeG)
-Comisión de Pesca e Marisqueo: Modesto Pose (PSdeG)
-Comisión de Relacións co Consello de Contas: Guillermo Meijón (PSdeG)
-Comisión de control da CRTVG: María Concepción Burgo (PSdeG)
-Comisión de Regulamento da Cámara: Francisco Cerviño (PSdeG)
-Comisión Permanente: Dolores Villarino (PSdeG)
-Comisión de Educación e Cultura: Carme Adán (BNG)
-Comisión de Agro, Alimentación, Gandería e Montes: Ana Belén Pontón (BNG)
-Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo: Xosé Ramón Paz Antón (BNG)
-Comisión do estatuto dos deputados: Iago Tabarés (BNG)
-Comisión de Economía: Xosé Antonio Orza (PP)

Fronte ás críticas do PP, que considerou inxusto o reparto, dende PSdeG e BNG retrúcanlle que eles fixeron máis concesións desta volta das que viña facendo o PPdeG nas anteriores lexislaturas. Xa que logo, ademais de presidir Economía, os populares estarán nas mesas de todas as comisións, ademais de asumir dúas vicepresidencias máis.


0/5 (0 votos)