O Exército Republicano Irlandés, IRA, ordenou a todos os seus militantes que poñan fin á "campaña armada" a partir das catro desta tarde, segundo un comunicado emitido pola organización. Nese texto, o IRA tamén lle pide aos seus membros que abandonen as armas e contribúan a alcanzar os seus obxectivos a través de medios exclusivamente "democráticos, políticos e pacíficos". Porén, o IRA anunciou que non se disolverá, pero podería converterse nunha organización comprometida co proceso de paz.