As advertencias sobre a posíbel ilegalidade da intención de blindar os cargos de libre designación, subliñada incluso por un dictame do Consello Consultivo, decidiu á fin ao goberno en funcións de Manuel Fraga a deixar no caixón ese decreto. O executivo saínte renunciou ademais a utilizar o derradeiro Consello da Xunta "popular" para aprobar a concesión das licenzas locais de radio e televisión dixital. Lembrámoslles que flocos xurídicos e técnicos sobre este asunto foran o presunto motivo da convocatoria da xuntanza deste xoves.