Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGUNDO AVANZA ''THE TIMES''

Probábel anuncio da fin da loita armada do IRA

A fin do uso das armas en favor do intento de conseguir unha Irlanda unida a través dos camiños da política sería o agardado anuncio que o IRA podería facer este xoves, segundo asegura o xornal inglés The Times. A posta en liberdade dun membro amnistiado da banda, Sean Kelly, esixencia da banda nas últimas semanas, sería o chanzo previo das últimas negociacións que decidiría finalmente ao IRA a anunciar o seu compromiso co proceso de paz en Irlanda do Norte.

- 06:08 28/07/2005
Tags:

Segundo The Times ese anuncio produciríase nun comunicado que se daría a coñecer ao longo deste mesmo xoves ou que, coma moito, sería adiado deica o venres. As fontes próximas á banda ás que o xornal di qter consultado terían subliñado a súa intención de faceren este anuncio no momento en que consideren que o seu impacto será máximo, e temen que a crise antiterrorista en Londres estes días poida escurecer a decisión.

Nas últimas horas, Martin McGuinnes, xefe negociador do Sinn Fein, considerado o brazo político do IRA, quen fora de feito un dos lideres destacados da organización armada, afirmou pouco antes de coller o avión para unha visita ao goberno estadounidense que o IRA semellaba "disposto a asumir grandes retos". Na mesma xornada, o primeiro ministro irlandés, Bertie Ahern, amosábase seguro de que o anuncio do IRA se produciría de xeito inminente e agoiraba que será un paso "que transformará enormemente o conflito".


0/5 (0 votos)