O presidente da Xunta en funcións non renunciou a estar á fronte dun último Consello da Xunta convocado de xeito extraordinario para a mañá deste xoves. Malia terse iniciado o proceso de investidura do novo presidente o pasado mércores, e no mesmo día en que deberán constituírse as comisións e a deputación permanente no Parlamento de Galiza, o executivo do PP teima coa aprobación de polémicas iniciativas: a blindaxe dos cargos de libre designación afíns ao partido e o apaño e configuración do panorama audiovisual dixital galego. Antes de comer, Manuel Fraga aínda terá tempo de ir inaugurar unhas obras a terras ourensás.