Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISCURSO DE INVESTIDURA

Os eixos do novo goberno

Touriño afirmou que Galiza necesita "un forte impulso de modernización que se reflicta en todos e cada un dos ámbitos da nosa sociedade. Na economía e na educación, na administración e nas empresas, na cidade e no campo, no estrutural e tamén no de cotío".

- 12:56 27/07/2005
Tags:

Explicou a continuación que o autogoberno é necesario para Galiza "non só porque a súa historia e a súa identidade lle dan dereito a iso", senón tamén porque o autogoberno "fainos mellores e máis fortes e porque a autonomía política foi unha poderosa palanca de progreso, e ten que seguir séndoo no futuro". "Quero unha Galiza que se desenvolva a partir das súas propias capacidades, que son moitas e cada vez máis, que non sinta que depende da axuda doutros", subliñou.

En terceiro lugar destacou a necesidade de traballar a prol dunha "sociedade integrada e cohesionada" e explicou que iso está vencellado coa "capacidade para estar unidos, para desenvolver obxectivos e proxectos comúns e evitar divisións e enfrontamentos innecesarios". Prometeu que o novo goberno traballará por un país "que se basee nos dereitos e non nas axudas e os favores. Un país no que ninguén se sinta inxustamente discriminado ou desigualmente tratado".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: