Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISCURSO DE INVESTIDURA

Touriño afirma que gobernará "para o 100% dos galegos"

"Estamos nun momento histórico, de esperanza e ilusión colectiva, no que as enerxías sociais se reactivan e nacen novos proxectos e iniciativas en todos os ámbitos". Así comezou Emilio Pérez Touriño o seu discurso de investitura como candidato socialista á presidencia da Xunta. Touriño sinalou que o programa que presenta é froito dun acordo entre o PSdeG e o BNG e que o próximo "goberno de coalición" será "un goberno sustentado por dous partidos; non de dous partidos que se repartan as áreas de goberno". Tamén afirmou que o novo goberno conta co apoio do 53% dos electores, pero gobernará "para o 100% dos galegos".
O pleno pódese seguir en directo a través do canal de televisión da web da Cámara galega.

- 08:45 27/07/2005
Tags:

Touriño asegurou que o programa de goberno conxunto está acordado entre dúas forzas distintas e diversas, pero que "comparten unha visión común do que Galiza necesita e a vontade de levar adiante medidas concretas" para conseguir solucionar os problemas do país.

Neste sentido, o candidato socialista estableceu os seis eixos fundamentais do seu goberno:
1. Afortalar Galiza como realidade política e institucional
2. Darlle unha nova dimensión a Galiza en España e en Europa
3. Mellorar a calidade da democracia e afondar nos dereitos e liberdades civís
4. Fomentar un desenvolvemento económico intenso, equilibrado e sustentábel
5. Mellorar a calidade e eficiencia dos servizos públicos esenciais, como a sanidade e a educación
6. Promocionar a lingua e a cultura galega


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: