Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME DO CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS

O 99,1% dos incendios dos últimos 35 anos foron provocados pola acción humana

Galiza acumula, cunha porcentaxe do 99,14%, unha das maiores porcentaxes de incendios debidos a causas vencelladas directa ou indirectamente á actividade humana, cifras que na media do Estado chegan ao 96%, quedando o 4% restante entre as causas estritamente naturais, coma son os lóstregos causados polos trebóns. Son datos dun estudo do Instituto de Economía e Xeografía do CSIC, que analiza datos dende o ano 1968. Contámoslles por outra parte que dende a pasada fin de semana, a Garda Civil detivo a catro persoas integrantes de brigadas de extinción na zona de Fonsagrada que presuntamente terían queimado varios montes.

- 06:31 27/07/2005
Tags:

"Esta evidencia contrasta coa escasa importancia concedida deica agora aos factores humanos fronte aos físicos, coma a topografía, vexetación e meteoroloxía, en estudos similares e análises cuantitativos de risco", explica Francisco Javier Martínez, autor do informe xunto coa investigadora María del Pilar Martín. Segundo advirten, estes datos deberían terse en conta á hora da planificación do labor de xestión e protección contra incendios dos espazos forestais.

Moi especialmente, os investigadores destacan que "as autoridades adican a maior parte do investimento económico á extinción dos lumes, cando deberían investir máis cartos en sistemas de prevención".


Ligazóns

0/5 (0 votos)