Vieiros

Vieiros de meu Perfil


O Morrazo

RSS de O Morrazo
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL

A Plataforma critica a non inclusión da supresión da peaxe de Rande no acordo asinado entre PSdeG e BNG

A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe mostra a súa sorpresa ao comprobar que no acordo asinado entre o PSdeG–PSOE e BNG de cara a acción de goberno na Xunta de Galicia non se recolla a supresión da peaxe de Rande.

- 11:41 26/07/2005
Tags:

"Despois dos compromisos adquiridos por ambas as dúas organizacións nos últimos anos e, dunha maneira especial na última camapaña electoral, non entendemos como non se fai sequera referencia ás negociacións que deberá abrir a futura Xunta co Ministerio de Fomento o antes posible", recolle o texto do comunicado.

A Plataforma ten convocada unha importante asemblea xeral para o próximo venres día 29 de xullo, ás 21 h., na Casa do Mar de Moaña na que se analizará a situación actual e tamén se procederá a elixir unha nova xunta directiva. Así, solicitan a presenza na asemblea de todas as persoas e colectivos asociados das comarcas de Vigo, O Morrazo e Pontevedra.


Ligazóns

0/5 (0 votos)