Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRAS DECLARACIÓNS

Bugallo: "O importante é que a detención é froito dunha acción preventiva"

Nas inmediacións da praza de Galicia o alcalde compostelán declarou para os medios que a policía preferiu non iniciar un operativo de desactivación e optou por explosionar a mochila fronte ao descoñecemento do tipo de explosivos que podía conter, ao tempo que afirmou que os danos materiais foran de certa importancia. Sánchez Bugallo confirmou ademais que a policía detivera xa a unha segunda persoa, malia que polo momento non se precisou se pertence a algún grupo ou colectivo determinado. Tamén se pronunciou sobre o acontecido Encarna Otero, ex concelleira do BNG en Santiago, quen afirmou que "a violencia non tén cabida nin camiño nun país como o noso".

- 15:56 23/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)