Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRIMEIRAS DECLARACIÓNS

Ameijeiras: "sabiamos da actividade do detido e dos círculos que lle dan apoio"

O delegado do Goberno central en Galiza, Manuel Ameijeiras, destacou que a policía viña facendo o seguemento de varias persoas en previsión de que puidera realizarse algunha acción deste tipo e que finalmente se detivo ao individuo que colocou no caixeiro da entidade bancaria da Praza de Galicia "un pequeno vulto" que finalmente estoupou. Ameijeiras destacou que se produciu "a actuación inmediata das forzas policiais de xeito previo á explosión" e anunciou que a operación segue aberta e que podería haber máis detencións. En declaracións telefónicas para a Televisión de Galicia, o delegado do goberno vencellou esta detención co despregue policial realizado na capital galega nos últimos días e fixo un chamamento á tranquilidade subliñando que "a seguridade está garantida en Compostela para estes días".

- 15:55 23/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)