Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A BATALLA DO ''DECRETAZO''

Fraga admite agora a posibilidade de que non se aprobe o decreto de altos cargos

Logo de insistir nos últimos días en que malia as críticas e a presunta ilegalidade se levaría adiante esta reforma que quere deixar colocados na Xunta a máis dun milleiro de altos cargos afíns ao PP, Manuel Fraga recoñece agora que ao respecto "non hai decisión definitiva e existe diversidade de opinións dentro da propia Xunta".

- 12:09 22/07/2005
Tags:

O presidente advertiu en todo caso que "se se ve o criterio seguido polo Consello Consultivo co outro texto similar do Sergas , acéptanse as teses básicas deste decreto". Fraga comentou de paso a ausencia da deliberación do Consello Consultivo do seu presidente e doutro membro "afectados pola implicación dos seus fillos" con este decreto.

Manuel Fraga recoñeceu por vez primeira que "a decisión pode ir nun senso ou noutro e dependerá do que pase de aquí deica aló". En referencia á denuncia que a CIG facía diante da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Fraga reprochou "as présas dalgúns" fronte a unha decisión que "aínda non está tomada".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: