Finalmente cumpriuse o que publicou este venres El Correo Gallego e o que publicou Vieiros hai unha semana: La Voz de Galicia e Popular Tv, a rede de emisoras pertencente á Cope, gañaron os concursos da televisión dixital autonómica. Quedou fóra a plataforma de Filmax e o resto da prensa galega. Pero non todo está falado, esta plataforma aínda podería recorrer a decisión e conseguir que o goberno bipartito revise o proceso de concurso.