Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS LICENCIAS DA TDT

A CIG pídelle ao próximo goberno iniciar medidas inmediatas para "anular estas concesións"

Dende a formación sindical pídenlle ao goberno de coalición de PSdeG e BNG "reiniciar o proceso" para a concesión das emisoras de radio e televisión dixital. Segundo a CIG isto é necesario para "garantir un proceso transparente, democrático e que atenda máis ás demandas informativas da sociedade galega que aos intereses políticos do PP". Ademais, critican especialmente que non se tivera en conta como requisito esencial para o outorgamento das licencias "o uso da nosa lingua, un défice que xa se apreciaba nas propias bases".

- 11:55 22/07/2005
Tags:

Nun comunicado feito público este venres logo de coñecerse a decisión do Consello da Xunta, a CIG critica que Fraga e o seu equipo "actúen contra a maioría dos galegos e galegas que lle retiraron a confianza e o goberno" e denuncian a "indecencia do goberno en funcións pola antidemocrática decisión de outorgar as licencias das TDT en beneficio do PP".

A CIG di entender que as concesións "responden máis aos intereses do propio Partido Popular que a un goberno en funcións, para garantir un tratamento mediático que lle sexa favorábel, non só en Galiza, senón tamén a nivel estatal". Ao tempo denuncian que se desbotase "a posibilidade de reforzar os medios galegos" fronte á opción "dun medio estatal como a COPE, cunha clara liña editorial de dereitas e cunha política informativa contraria a calquera caste de gobernos ou organizacións sociais de carácter progresista, de esquerdas ou nacionalistas".


Ligazóns

0/5 (0 votos)