Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA AO NOVO GOBERNO

A Xunta creará comisións interdepartamentais para consensuar a política lingüística e de medios de comunicación

As tirapuxas que durante a negociación mantiveron o PSdeG e o BNG sobre o reparto das responsabilidades en política lingüística e medios de comunicación, privados e públicos, resolvéronse mediante unhas addendas nas que se establecen "comisións interdepartamentais" formadas polos conselleiros do PSdeG e do BNG relacionados con estas áreas.

- 18:58 21/07/2005
Tags:

A política de comunicación da Xunta concréntrase nunha Secretaría Xeral dependente de Presidencia, pero aberta ao consenso
A nova Secretaría Xeral de Comunicación, que abranguerá as competencias que até agora tiñan a Secretaria Xeral de Relacións cos Medios de Comunicación e a Dirección Xeral de Comunicación (que estaba incluída na consellaría de Cultura e xestionaba as competencias relativas á CRTVG). Desta forma, todo o relacionado coa política de comunicación da Xunta pasa a depender directamente de Presidencia. Porén, a addenda ao texto do programa conxunto de goberno prevé que tanto o nomeamento do Director Xeral da CRTVG como as directrices da política de comunicación da Xunta deben ser obxecto de consenso por parte do PSdeG e do BNG. En concreto, existirá "unha Comisión Interdepartamental presidida polo titular da Secretaría Xeral de Comunicación (PSdeG) e da que formarán parte representantes das Consellerías de Economía (PSdeG), Industria (BNG) e Cultura (BNG) que consensuará a política da Xunta en relación cos medios públicos e privados"

A política lingüística será un eixo transversal da nova Xunta
A resposabilidade sobre a política lingüística da Xunta foi obxecto tamén de debate durante o proceso negociador. Ao final, esta área tamén dependerá directamente de Presidencia a través dunha Secretaria Xeral. Desta forma, tal e como constaba nos programas electorais do BNG e o do PSOE, a política lingüística terá un carácter transversal en relación coa acción de goberno. Con todo, ambas forzas acordaron procurar mecanismos de consenso para levar adiante as propostas neste ámbito. Así, crearase " unha Comisión Interdepartamental de Seguimento e Impulso do Plano Xeral de Normalización Lingüística, constituida por representantes das Consellerias de Educación e Ordenación Universitaria, de Cultura e Deporte, e das Secretarías Xerais de Comunicación e de Relacións Institucionais, presidida polo titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que consensuará o deseño e aplicación das políticas da Xunta neste eido".

Fomento da produción cinematográfica, videográfica, audivisual e multimedia
Nos orzamentos da Consellería de Cultura e Deporte existirá consignación económica para axudas á creación, producción e divulgación cinematográfica, videográfica, audiovisual e multimedia, sen prexuizo das axudas que poida conceder a Secretaría Xeral de Comunicación ou a CRTVG.
A dotación orzamentaria en 2006 será, alomenos, de cinco millóns de euros.

Austeridade da Administración
As forzas políticas asinantes asumen o compromiso de reducir a actual estructura directiva da Xunta (Direccións e Secretarías Xerais) e o número de entes, fundacións, sociedades e institutos de carácter autónomo. Caso necesario, a reducción dos organismos autónomos fariase na Lei de Orzamentos ou na Lei de Acompañamento.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: