Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA AO NOVO GOBERNO

"Galicia é unha comunidade de carácter nacional", di o acordo

O acordo de bases programáticas ao que chegaron socialistas e nacionalistas sitúa entre as súas prioridades o emprego, o capital humano, os servizos públicos, a sustentabilidade do territorio e a normalización da lingua. Eses son os eixos sobre os que virará a acción de goberno, que requirirá un "aprofundamento no autogoberno de Galicia, impulsando un novo Estatuto". Os partidos asinantes refírense a Galiza como "unha comunidade de carácter nacional no marco dun estado plurinacional".

- 09:01 22/07/2005
Tags:

Arrinca o texto do acordo cunha referenza a 1936, sinalando que "as razóns históricas, económicas, antropolóxicas, lingüísticas e culturais que definían o carácter nacional de Galicia foron coñecidas de vello e asumidas sen problemas dentro e fóra de Galicia". Ademais, sinala o texto que "ambas formacións comparten o "carácter nacional de Galiza" nun estado que "avanza cara a unha configuración plurinacional, pluricultural e plurilingüe".

A reforma estatutaria será unha das prioridades do novo goberno, que arrincará nos primeiros seis meses, e para o que socialistas e nacionalistas demandan a "participación" do Partido Popular. Para ambas as dúas forzas, un novo Estatuto é necesario para levar adiante o ideario do goberno de coalición, un "Estatuto que amplíe e asegure os dereitos e as liberdades da cidadanía galega", "que contribúa ao reforzamento da identidade lingüística e cultural do país" ou "que nos dote dun marco competencial coherente e garantido".

Porén, se ben como definición se sinala "o carácter nacional" de Galiza, tamén se contrapón que "o Estatuto terá o máximo nivel posible de desenvolvemento do autogoberno, como corresponde a unha nacionalidade histórica".

Tamén sinala o texto a necesidade dun novo marco financeiro que, baseado "nos criterios de suficiencia e equidade", aumente a "responsabilidade fiscal e a autonomía financeira de Galicia". O texto menciona expresamente a negociación do financiamento sanitario atendendo "as características singulares da poboación galega", e sitúa entre os obxectivos acadar unha "ampla capacidade normativa sobre os tributos propios e cedidos", e a posibilidade de crear unha Axencia Tributaria galega consorciada coa do Estado.

  • Texto (en .doc) do acordo entre o PSdeG e BNG para o goberno da Xunta. Descárgao tamén en .pdf
  • Addenda (en .doc) ao acordo de goberno na que figuran a distribución de responsabilidades no novo executivo. Texto en .pdf


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: