No revolto PP coruñés agroma nos últimos tempos outra importante fenda, desta volta no PP compostelán. No espazo Centro Dereita Dixital poden saber máis do asunto e ler a versión dos renovadores enfrontados á executiva local. "Viviranse momentos moi duros, pero pode estar moi próxima a caída do réxime afrocaribeño que encarnan Dositeo, Tahoces, Armando Blanco e os seus homes", agoiraban logo do 19X nunha web cunha enquisa onde prognosticaron os 37 escanos do PP e agora debaten se debe esgotarse a negociación interna ou fundar un novo partido en Santiago. Este grupo tamén se ofrece para corrixir as "eivas argumentativas" das Novas Xeneracións do PP e citan unha intervención en Código TV de María Seoane: "a moza ofrece unha imaxe fresca, pero debe mellorar o manexo de argumentos e evitar erros de elocución: por exemplo, abusa do polisíndeton".