Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALERTA LARANXA

Quen está por tras dos incendios forestais?

Por tras de preto do 97% dos milleiros de lumes que se producen cada ano nos montes está a man do home. Queima de lixo, queimas agrícolas ou de pastos, tabaco, fogueiras, liñas eléctricas, cazadores, pirómanos.... As causas son múltiples, e dende o colectivo medioambiental Adena queren lembrar que "non é normal que ocurran tantos incendios" e denunciar que "a prevención é insuficiente" mentres que "os políticos prefiren destinar millóns a labores de extinción que son moito máis vistosas e teñen maior impacto na opinión pública". Por este motivo presentan un informe sobre as causas dos incendios que quere ser achega para a elaboración dun plan integral de loita contra os lumes.

  • Unha de cada sete parroquias galegas ten "especial risco de incendio forestal"
  • Galiza segue sen consensuar unha estratexia contra o lume
  • De costas ao diálogo, o goberno agarda que chova
  • No escáner de Vieiros: Por que arde o monte?

  • - 06:04 20/07/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)