Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LECTURA PÚBLICA

A AGE denuncia a situación das bibliotecas públicas

A Asociación Galega de Editores fixo pública hai uns días diante dos medios de comunicación unha reivindicación que mantén a través da súa propia web: a mellora das dotacións da Rede de Bibliotecas Públicas Galegas. Tomando como referente a recomendación da Unesco de que nas bibliotecas públicas haxa entre 1,5 e 2,5 libros por habitante, a AGE senta as bases para acadar unha dotación de 1,5 libros por habitante (fronte ao 1,1 actual) nun período de catro anos e contando con 14 millóns de euros de orzamento.

- 17:44 19/07/2005
Tags:

Segundo os datos achegados dende a Asociación de Editores a nivel español os fondos de bibliotecas públicos son, nun 42%, anteriores a 1980, é dicir, da época da dictadura e da preautonomía; aproximadamente un 20% do fontos son da década dos 80. A maior cifra de libros en galego na rede pública data da década dos 90, cun 70% pero dende entón ata o de agora, pouco cambiaron as cifras.

O presidente e o secretario da asociación, Miguel Anxo Fernán Vello e Manuel Bragado, abordaron este tema no transcurso da presentación do portal web da AGE. Segundo eles a administración pública ten coa Rede Galega de Bibliotecas "unha débeda histórica" é mostra diso é, como exemplificaron, "que unha cidade como Santiago estivera sen biblioteca pública ou que a biblioteca municipal de Vigo estea sen informatizar". Por iso as novas tecnoloxías son un peza clave, segundo afirman dende a AGE, para conseguir unha Rede Galega de Bibliotecas real e efectiva.

A proposta dos editores para o novo goberno de coalición, no camiño de solucionar a crise da lectura pública pasa, segundo Manuel Bragado, pola "creación dun libro branco do mundo editorial" e polo "aumento do gasto de libro por habitante para a rede pública, que debería pasar dos 66 céntimos por habitante aos 1,10 euros por habitante".


0/5 (0 votos)