A sesión de investidura do novo presidente da Xunta comezará o mércores día 27 de xullo coa exposición de motivos por parte do candidato Emilio Pérez Touriño. Segundo o escrito enviado esta mañá aos grupos parlamentarios por parte dos servizos administrativos da Cámara, logo do discurso de Touriño haberá un período de 48 horas para que os demais grupos parlamentarios preparen a réplica e decidan o seu voto. Por tanto, a votación para elección do novo presidente será o día 29. A sesión plenaria institucional de apertura da VII lexislatura e da proclamación do presidente da Xunta está prevista para o día 5 de agosto. A Xunta de Portavoces reúnese mañá para consesuar estas datas.