Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TOURIÑO E QUINTANA PECHAN O PACTO

O acordo entre PSdeG e BNG pode estar ultimado esta tarde

Touriño e Quintana pecharon esta mañá as bases do acordo definitivo para formar o futuro goberno de coalición entre as dúas formacións. Segundo informou Europa Press, citando fontes socialistas, as comisións negociadoras reuniranse esta tarde para plasmar nun documento o acordo sobre a estrutura da nova Xunta e o programa conxunto de goberno.

- 12:49 19/07/2005
Tags:

Touriño e Quintana acordaron crear un mecanismo de coordinación das políticas lingüística e de medios de comunicación, independentemente dos departamentos aos que estean adscritas, segundo fontes nacionalistas citadas por Europa Press.

Deste xeito, o PSdeG e o BNG terán que consensuar os nomeamentos dos responsábeis destas áreas e do director xeral da CRTVG. Ademais, pactarán os criterios de política comunicativa da Xunta e a súa relación cos medios privados. As comisións negociadoras serán as que decidan esta tarde o "formato" que se utilizará para coordinar estes ámbitos.

O acordo farase público esta semana, antes de que o 27 de xullo comece no parlamento a sesión de investidura do novo presidente.

  • Como será o novo goberno?


  • 0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: