Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS OÍNTES DA BBC ELIXEN AOS FILÓSOFOS MÁIS INFUÍNTES DA HISTORIA

E o gañador é... Karl Marx

O pensador que considerou por primeira vez que o papel da filosofía non era intepretar o mundo, senón transformalo, foi o elixido polos oíntes da Radio4 da BBC como o filósofo máis influinte da historia. Karl Marx liderou co apoio do case o 28% dos votos unha listaxe na que lle segue, co 12% dos apoios, o filósofo empirista británico David Hume, que non só demostrou a inexistencia dun correlato racional entre as causas e os efectos, senón que pensaba que o que cremos que é a nosa identidade persoal non é máis que un feixe de impresións e ideas sen máis fundamento que a nosa propia memoria.

- 08:46 19/07/2005
Tags:

O terceiro da lista, co 6,8% dos votos é o vienés Ludwig Wittgenstein que desenvolveu a maior parte da súa carreira no Trinity College da universidade de Cambridge. A súa primeira obra, o Tractatus Logico-Philosophicus, supuxo unha revolución na filosofía da lóxica e da linguaxe ao afirmar que o que pode ser dito, pode dicirse con exactitude, pero as cousas verdadeiramente importantes da vida, como as cuestións relativas á ética e á estética, só poden ser mostradas, polo que é preciso calar sobre elas. Esta opción radical sobre a linguaxe levouno a retirse a unha aldea da Baixa Austria a impartir clase a alumnos dunha escola unitaria durante varios anos. Rescatado para a práctica académica da filosofía por Bertrand Russell, Wittgenstein desprazouse a Cambridge onde escribiu as súas Investigacións Filosóficas. As súas últimas palabras foron: "Dicídelle a todo o mundo que a miña vida foi marabillosa".

A lista de pensadores máis influintes complétase con Frederich Nietzsche, Platón, Inmanuel Kant, Tomás de Aquino, Sócrates, Aristóteles e Karl Popper. Nos 20 primeiros postos non hai ningunha muller, unha circunstancia que lle espertou á profesora Camille Paglia a necesidade de publicar un artigo en The Independent para lembrar que a filosofía non só é cousa de homes. Hannah Arendt, Hipatia de Alexandría ou Simone de Beauvoir son algunhas das filósofas que prpón como as máis influíntes da historia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: