Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A BATALLA DO ''DECRETAZO''

Presentan denuncia contra Fraga e Pita diante da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza

"Pedimos a intervención do fiscal pola intención de comisión de delito de prevaricación por parte do presidente da Xunta a cometer o vindeiro xoves 21 no seu último Consello", anunciou a CIG este luns. A denuncia refírese aos proxectos de modificación dos regulamentos de situación administrativa e provisión de postos de traballo cos que o goberno en funcións quere deixar amarradas con posto fixo a persoas afíns ao PP na administración galega e preséntase contra o presidente Manuel Fraga, o conselleiro Jaime Pita e Pablo Figueroa Dorrego, secretario xeral da consellaría de Presidencia.

- 06:39 19/07/2005
Tags:

Na denuncia explicítase a existencia de probas de que a iniciativa do goberno en funcións está promovida "co exclusivo propósito de beneficiar a un conxunto de persoas de entre 1200 e 1800 afíns políticos, en prexuízo dos intereses públicos que están chamados a defender e en prexuízo dos caudais públicos. Tamén en inxusto e ilegal prexuízo correlativo do restante persoal funcionario". Engádese ademais que o tipo penal no que inciden estas conductas é o de prevaricación, atendendo á descrición que fai o código penal no seu artigo 404: "Á autoridade ou funcionario público que, a sabendas da súa inxustiza ditare unha resolución arbitraria nun asunto administrativo, castigaráselle coa pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, por tempo de sete a dez anos".

Afrontan a denuncia diante da fiscalía presentada pola CIG o presidente da Xunta, Manuel Fraga, coma persoa que "solicitou no seu día o ditame do Consello Consultivo de Galiza sobre os indicados proxectos de modificación", Jaime Pita Varela, coma "persoa da que se pode deducir a activa participación nos feitos denunciados, promovendo dentro da consellaría de Presidencia as actuacións necesarias para o despacho deste expediente" e Pablo Figueroa Dorrego, "probábel autor dos proxectos moral e/ou intelectual" autoría que segundo precisa a CIG "con base documental mesmo afirma o Consello Consultivo no seu ditame".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: