Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS LOGO DA CONSTITUCIÓN DO PARLAMENTO

Barreiro: "O PP fará unha oposición responsábel"

O voceiro adxunto do PP, Xosé Manuel Barreiro, expresou o seu desexo de que o parlamento "dea resposta" aos problemas dos cidadáns na nova lexislatura, a pesar de que as formacións políticas partan de "posicións seguramente non coincidentes en gran parte das ocasións". Despois de felicitar á nova presidenta da Cámara, Barreiro recoñeceu que o parlamento debe ser "un auténtico foro de debate" para "dar resposta aos problemas que ten a cidadanía galega" Neste sentido, asegurou que o PP "traballará nesa dirección desde unha oposición responsábel". Barreiro insistiu en que o PP aplicará o "criterio de responsabilidade", pero dixo que descoñecía cal ía ser o comportamento dos outros grupos, "a xulgar de cal foi o de hoxe", en referncia á negativa de PSdeG e BNG a gardar un minuto de silencio polas vítimas do incendio de Guadalaxara.

- 12:39 18/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)