Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS LOGO DA CONSTITUCIÓN DO PARLAMENTO

Quintana: "Espero que sexa referencia dun país que precisa debate e diálogo"

O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, mostrou o seu desexo de que o parlamento "se converta no punto de referencia política dun país que necesita debate e diálogo". Quintana destacou que a sesión de hoxe foi moi "emotiva", sobre todo "para os que somos por primeira vez deputados e deputadas e que vimos con toda ilusión para que o parlamento sexa o centro político do país". O futuro vicepresidente da Xunta asegurou que a Mesa do parlamento reflicte a "pluralidade" da Cámara e as "lóxicas maiorías que nela se dan". Quintana eloxiou as palabras da nova presidenta da Cámara, Dolores Villarino, quen se comprometeu a impulsar a actividade do parlamento a través do diálogo. "O compromiso da presidenta vai nese sentido e estou convencido de que o fará, porque o compromiso do BNG vai tamén nese sentido", engadiu.

- 12:05 18/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)