Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASEGURAN QUE SON VÍTIMAS DUNHA CAMPAÑA DE INTOXICACIÓN

AMI desvincúlase da carta-bomba enviada a un mozo coruñés

A Assembleia da Mocidade Independentista, AMI, negou que a carta bomba que Francisco J. Vázquez Pereiro recibiu o pasado xoves no seu domicilio do Orzán, na Coruña, teña relación con "vinganzas internas" ou "enfrentamentos entre partidários e detractores de intensificar a luita" no interior da organización. Nun comunicado, AMI asegura que Francisco J. Vázquez, que permanece ingresado en estado grave no hospital Juan Canalejo e baixo custodia policial, foi militante da organización, pero desde hai meses está "desligada completamente" do movimento independentista. AMI afirma que "detrás de esta estrategia de intoxicaçom se encontra muito provavelmente a intençom de legitimar actuaçons repressivas contra a nossa organizaçom e os seus militantes".

  • Anteriores: Ferido grave un mozo na Coruña logo do estoupido dun artefacto na súa casa

  • - 07:12 18/07/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)